jueves, 27 de abril de 2023

Actividade 41: O plasma.

 Como estamos a estudar neste tema a materia, na Terra, preséntase fundamentalmente en tres estados: sólido. líquido e gasoso. Dentro deles hai estados intermedios, por exemplo un sólido pode ser ríxido ou plástico.

Pero no Universo o estado máis común da materia e o chamado plasma. Como é este estado? en donde se atopa fundamentalmente?

martes, 25 de abril de 2023

Actividade 40: O sistema periódico (segunda parte)

 1. Escolle tres elementos químicos, dime cales escolleches (pois cada un de vos terá elementos distintos) y de cada un deles indica:

    a- O seu nome e símbolo. Explica de onde procede ese nome.

    b- Cantos protóns, neutróns e electróns o forman?

    c- Indica brevemente algunha característica dese elemento.

jueves, 20 de abril de 2023

ACUARIO: O VOLUME DE AUGA.

 O volume de auga que teña o acuario é fundamental para o seu bo funcionamento. Canto mais grande (ou maior volume) teña o acuario mais peces pode conter e, en principio, menos mantemento necesita. 

E como sei cantos peixes podo ter? Como unha norma xeral establécese que, dun xeito aproximado por cada centímetro cadrado de peixe necesita ter como mínimo un litro de auga.

Repasa como se calculaban os volumes e as superficies (o dimos na primeira avaliación) xa que terás que facelo na práctica.


lunes, 17 de abril de 2023

Actividade 39: O sistema periódico (primeira parte)

1. Qué é o sistema periódico dos elementos químicos? a que científico se debe a súa creación?

2. Cantos elementos químicos o forman? Están todos presentes na natureza?

3. En función de que característica se nomean os elementos químicos? 

4. Dentro do sistema periódico hai grupos ou familias. Indica tres delas.


martes, 11 de abril de 2023

Actividade 38: O ciclo da auga.

  O ciclo da auga é un proceso natural que ocurre no noso planeta e o seu funcionamento está moi relacionado cos cambios de estado (sólido, líquido e gasoso) que estudamos nesta unidade. 

1. Que é o ciclo da auga?

2. Busca unha imaxe que represente o ciclo da auga.

3. Que diferenzas e semellanza hai entre a auga, o xeo e o vapor de auga?

4. Razoa: Por qué a auga dos ríos e doce é a do mar é auga salgada?