miércoles, 30 de septiembre de 2020

Actividade 2: Permitídeme acceder ao voso blogue e como se vos va a avaliar na materia.

 Na páxina Os vosos proxectos deste blog tedes instrucións para que, dende esa páxina, eu poda enlazar cos vosos blogs. Vos tamén podedes consultar o que están facendo @s compañeir@s ... pero NADA de copiar ... para iso sodes compañeir@s 😀

Aproveito esta entrada na que non tedes moito traballo 😀para lembrarvos ca vosa avaliación total xurde de tres valoracións parciais: 

- As tarefas obrigatorias como a do Método Científico ou a do Laboratorio, feitas no voso blog ou en papel, seguindo as instrucións. 

- O deseño do blog, ten que ter un aspecto agradable e ordeado. Podedes incluir outras entradas de xeito libre sempre que estén relacionadas, dalgún xeito, cos contidos da materia.

- Os exames escritos de cada unidade. Serán exames fáciles pero, polo que poda ser, procurade sacar nota nos apartados anteriores.

- Tamén vou a valorar os hábitos de traballo, por exemplo, facedes as tarefas no prazo establecido? traedes o material? ...

- E, para rematar, pero moi importante a correcta realización das prácticas de laboratorio.

domingo, 27 de septiembre de 2020

Actividade 1: Crear o voso blogue.

Como xa vos comentei, neste curso ides a utilizar un blog ou blogue coma se fora a vosa libreta da materia. Tentaremos utilizar menos papel facendo as tarefas de xeito dixital. 

Para crear o voso blogue necesitades: 
- Ter un correo gmail. 
- Cubrir algúns datos persoais e crear unha clave para acceder ao blogue. 
- Darlle un nome. 
- Logo anotar nun sitio seguro e onde o poidades consultar tanto a dirección do voso blogue ¡tede cuidado en copiala ben¡ como a clave de acceso. 

O faremos na clase todos xuntos. 
 Saúdos.

jueves, 24 de septiembre de 2020

BENVIDOS AO CURSO 22-23



Benvidos a tod@s, alumn@s de Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional de 4º de ESO. 

Son Fran Álvarez, profesor da materia. 

Tentarei ca materia sexa o máis doada, motivadora e formativa que podamos acadar. É certo que non hai forma de compensar o non ter sempre prácticas de laboratorio, por non poder dispoñer do mesmo, e menos nunha materia que se chama Ciencias Aplicadas. Máis, sí que dispoñemos dos recursos que nos proporciona a aula de informática, que son moitos. Así que, quizais podamos facer algunha práctica ... aínda que sexa virtúal. 

Ánimo e a aprender con interese.