Na páxina Os vosos proxectos deste blog tedes instrucións para que, dende esa páxina, eu poda enlazar cos vosos blogs. Vos tamén podedes consultar o que están facendo @s compañeir@s ... pero NADA de copiar ... para iso sodes compañeir@s 😀
Aproveito esta entrada na que non tedes moito traballo 😀para lembrarvos ca vosa avaliación total xurde de tres valoracións parciais:
- As tarefas obrigatorias como a do Método Científico ou a do Laboratorio, feitas no voso blog ou en papel, seguindo as instrucións.
- O deseño do blog, ten que ter un aspecto agradable e ordeado. Podedes incluir outras entradas de xeito libre sempre que estén relacionadas, dalgún xeito, cos contidos da materia.
- Os exames escritos de cada unidade. Serán exames fáciles pero, polo que poda ser, procurade sacar nota nos apartados anteriores.
- Tamén vou a valorar os hábitos de traballo, por exemplo, facedes as tarefas no prazo establecido? traedes o material? ...
- E, para rematar, pero moi importante a correcta realización das prácticas de laboratorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario