Lóxicamente o material que podedes atopar nos laboratorios do instituto é moi básico, pois a súa función non é a de investigar senón a de complementar as materias de ESO e bacharelato.
Nesta actividade ides a ampliar a información sobre outros materiais máis complexos e especializados que forman parte de laboratorios relacionados cos contidos da materia..
Instrucións:
- Escolle 5 aparatos dos indicados a continuación. Busca as súas imaxes en internet.
- Fai unha entrada no teu blog e "colga" as imaxes deixando un espazo entre elas. Logo, nese espazo, indica: nome do material e para que se emprega. Procurade que sexan do mesmo estilo (tamaño, visibilidade, descrición ...)
O material a buscar é:
- Agitador magnético.
- Autoclave.
- Centrifugadora.
- Espectrofotómetro.
- Incubadora.
- Microscopio.
- Multímetro.
- Termómetro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario