martes, 7 de marzo de 2023

Actividades 31-32: Clasificación dos seres vivos.

 Unha vez que estudamos nas entradas anteriores como é unha célula e cales son as súas funcións, e como son os virus imos nesta entrada a clasificar os seres vivos

En función de se teñen células ou non e de como sexan esas células podemos facer catro grupos de seres vivos:

- Seres non formados por células.

- Seres formados por unha soa célula de tipo procariota.

- Seres formados por unha soa célula de tipo eucariota. 

- Seres formados máis dunha célula. 

A actividade consiste en:

1. Poñer tres exemplos de seres vivos de cada tipo.

2. Indica algunhas características das bacterias.

3. Porque son importantes os cloroplastos?

4. Indica 2 exemplos de células animais explicando cal é a súa especialización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario