lunes, 28 de noviembre de 2022

Actividade 16: O laboratorio (cuestionario final)

 Contesta as seguintes preguntas sobre a presentación. Están desordeadas, así que terás que buscar.

1. Que son os produtos volátiles? pon algún exemplo.

2. Interpreta a imaxe. Na diapositiva 8 aparece a imaxe dun produto empregado no laboratorio. Fíxate na etiqueta e indica: cal é a súa perigosidade? como hai que interpretar as letras R e S? 

3. Por que pensas que non se debe comer ou beber no laboratorio? debemos de considerar que todos os produtos de laboratorio son perigosos?

4. Que é o protocolo PAS? a quén teríamos que avisar segúndo o protocolo?

5. Na diapositiva 9 aparece unha infografía dos diversos riscos ao traballar no laboratorio. Busca o significado de: tóxico, inflamable, comburente, corrosivo.

6. Que pode ser o risco biolóxico? busca exemplos. en que zonas pode haber máis risco magnético?



jueves, 24 de noviembre de 2022

Actividade 15: Outro material de laboratorio.

 Lóxicamente o material que podedes atopar nos laboratorios do instituto é moi básico, pois a súa función non é a de investigar senón a de complementar as materias de ESO e bacharelato.

Nesta actividade ides a ampliar a información sobre outros materiais máis complexos e especializados que forman parte de laboratorios relacionados cos contidos da materia..

Instrucións:

- Escolle 5 aparatos dos indicados a continuación. Busca as súas imaxes en internet.

- Fai unha entrada no teu blog e "colga" as imaxes deixando un espazo entre elas. Logo, nese espazo, indica: nome do material e para que se emprega. Procurade que sexan do mesmo estilo (tamaño, visibilidade, descrición ...)

O material a buscar é:

- Agitador magnético.

- Autoclave. 

- Centrifugadora.

- Espectrofotómetro.

- Incubadora.

- Microscopio.

- Multímetro.

- Termómetro.


martes, 22 de noviembre de 2022

ACUARIO: O PH.

 O segundo parámetro que ides a medir para controlar a calidade da auga do acuario e o pH da auga.

O pH mide a acidez ou alcalinidade (tamén chamada basicidade) da auga.
Se poidéramos aumentar unha gota de auga ata poder ver os seus compoñentes atoparíamos que case todo o observado serían moléculas de auga (H2O) pero tamen observaríamos OH e de H, e dicir, os compoñentes da molécula. 

Dito dunha forma simple o pH mide a abundancia na auga (en química se di concentración) dun ou doutro compoñente.

El pH y la importancia de mantenerlo estable

Para que os peixes vivan "saudablemente" a auga ten que ter un pH entre 6,5 e 7,5. Preferiblemente un pH de 7.

Explicareino en clase.

lunes, 21 de noviembre de 2022

Actividade 14: O material do laboratorio.

  Na aula virtúal da materia tedes unha presentación sobre o material que hai no laboratorio. Tedes que:

- Acceder a aula virtúal. Atopar a Unidade 2: O laboratorio. Ir á presentación chamada "O material do laboratorio"dentro e mirar a presentación.

- Contestar as seguintes preguntas: 

1. Fai unha lista co material que hai no laboratorio. de cada un tes que poñer o nome e para que se emprega. Fíxate ben nas imaxes pois o terás que recoñecer cando vaiamos o laboratorio.

2. No laboratorio do IES temos outro material: mecheros Bunsen, centrifugadora ou placas Petri, por exemplo. Busca para que serve este material.

jueves, 17 de noviembre de 2022

A semana da ciencia

A Semana da Ciencia é o maior evento anual de divulgación da ciencia a nivel europeo. Desenvòlvese entre do 3 ao 15 de novembro e inclúe todo tipo de iniciativas para que tod@s coñezamos a importancia da Ciencia. 

Durante duas semanas cada un de vos desenvolveredes un proxecto cientįfico e, para rematar, faredes unha exposición dos proxectos.

De momento unha pista sobre o tema que imos a traballar ,,,😷

Á representación anterior onde se mestura imaxe e explicación se lle chama Infografía. Fíxate ben nela, le con atención e infórmate sobre o COVID. Pronto aprenderás a facer infografías de xeito sinxelo.

lunes, 14 de noviembre de 2022

Actividade 13: O traballo no laboratorio.

  Na aula virtúal da materia tedes unha presentación sobre como se debe de traballar no laboratorio. Tedes que:

- Acceder a aula virtúal. Atopar a Unidade 2: O laboratorio. Ir á presentación chamada "O traballo no laboratorio"dentro e mirar a presentación.

- Contestar as seguintes preguntas: 

    1. Indica, alomenos, tres precauciones que debemos de ter ao traballar con productos químicos?.

    2. Se necesitamos quentar algunha substancia como debemos de facelo?.

    3. Que debemos facer cos refugallos que queden unha vez rematada a práctica?

    4. Como se recomenda ir vestido cando se fan prácticas?.

    5. Para que serven os pictogramas que atopamos nos produtos químicos?

    6. Cal é o protocolo de actuación en caso de accidente?


jueves, 10 de noviembre de 2022

ACUARIO: A TEMPERATURA.

 Estes días empezaredes a medir a calidade da auga do noso acuario. O primeiro parámetro que hai que controlar se queremos ter animais e plantas en bó estado é a temperatura.

O noso acuario é de auga quente, xa que os peixes e as plantas que imos a introducir nel proceden orixinalmente de zonas tropicais. Se non lles proporcionamos unha temperatura axeitada as consecuencias poden ir dende a falta de crecemento ata a morte. Neste sentido as plantas son máis resistentes.

Temperature

A temperatura da auga debe de estar entre 22 e 28 graos centígrados, pero a temperatura óptima é duns 24-25 graos.

Explicareino en clase.

lunes, 7 de noviembre de 2022

Actividade 12: Algúns científicos (Marie Curie)

 Continuamos estudando cientificas, neste caso Marie Curie.

Tedes que facer o seguinte:

1. Procurar información en internet sobre a científica: onde e cando naceu e morreu; en que ciencia/s destacou; que premios obtivo na súa traxectoria.

2. Que é a radioactividade?

3. Que son o polonio e o radio?, de onde veñen os seus nomes?.

4. Indica unha aplicación boa e outra mala da radioactividade.

5. Unha vez contestado todo, busca unha imaxe de Marie Curie e insértala na entrada do blog.

martes, 1 de noviembre de 2022

Unidade 2: O LABORATORIO - Actividade 11

 

Empezamos a segunda unidade do curso, O LABORATORIO. 

A faremos de xeito práctico na clase do venres no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía.

A continuación tedes unha infografía relativa aos perigos dun mal uso do laboratorio.

 1. Le con atención na imaxe seguinte, logo no teu blog fai dous grupos segunda súa perigosidade (alta e baixa), e describe brevemente cada un de xeito que o podas estudar cara ao exame.

2. Cando estiveches en cursos anteriores nun laboratorio cumplíronse estas normas? Se fixo algunha actividade considerada de risco? Cal?

3. Nunha situación coma a do COVID que outras normas para evitar riscos terías que cumprir?