Á volta de vacacións de Nadal comenzamos a segunda avaliación ca unidade 4: A vida.
Á volta de vacacións de Nadal comenzamos a segunda avaliación ca unidade 4: A vida.
Para rematar cas tarefas do trimestre imos a repasar algunhas cousas xa estudadas.
Ide ao seguinte enlace Laboratorio
e facede o seguinte:
- Ler o repaso de magnitudes e unidades.
- Repasar as imaxes do material de laboratorio.
- Repasar as normas de seguridade do laboratorio.
- Facer o xogo e o aforcado.
Lémbrovos que na páxina deste blog chamada UNIDADES DO CURSO tedes todo o que imos a traballar nesta materia. O previsto é facer dúas unidades por trimestre.
O derradeiro parámetro que ides a comprobar é a dureza da auga é a concentración de compostos minerais nunha determinada cantidade de auga, especialmente sales de magnesio e calcio. A auga coñecida como "dura" ten unha alta concentración destes sales e a auga "branda" contén moi pouca.
Dependendo das especies de peixes que teñamos a dureza da auga do noso acuario pode variar, pero en xeral a manteremos en valores de 150 mg/l.
O terceiro parámetro que ides a medir para controlar a calidade da auga do acuario e a cantidade de nitróxeno (N) que hai na auga.
O nitróxeno na auga non está como tal (N) senon formando parte doutros compostos como os nitratos (NO3), os nitritos (NO2-) e o amoniaco (NH3). Os dous primeiros son necesarios para a boa saúde de plantas e animais, pola contra o amoniaco é producido polos seres vivos como unha substancia de refugallo e a súa acumulación é perigosa.
Co paso do tempo os tres compostos vanse acumulando nas augas e, como todo en exceso, pode ser mortal para os peixes ao tempo que favorece a aparición de algas que a súa vez é malo para as plantas.
Para manter saudable o acuario e garantir a saude dos seus habitantes os niveis de, por exemplo, os nitritos deben de ser os máis baixos posibles na escala de medición.
Explicareino en clase.
Continuamos estudando cientificas, neste caso Louis Pasteur.
Tedes que facer o seguinte:
1. Procurar información en internet sobre o científico: onde e cando naceu e morreu; en que ciencia/s destacou; que premios obtivo na súa traxectoria.
2. Que é a pasteurización?
3. Pasteur chamo a súa técnica "vacunación". Por que ese nome?.
4. Indica catro enfermidades infecciosas que poideron ser controladas mediante as vacinas.