jueves, 8 de diciembre de 2022

ACUARIO: OS COMPOSTOS DE NITRÓXENO.

O terceiro parámetro que ides a medir para controlar a calidade da auga do acuario e a cantidade de nitróxeno (N) que hai na auga.

O nitróxeno na auga non está como tal (N) senon formando parte doutros compostos como os nitratos (NO3), os nitritos (NO2-) e o amoniaco (NH3). Os dous primeiros son necesarios para a boa saúde de plantas e animais, pola contra o amoniaco é producido polos seres vivos como unha substancia de refugallo e a súa acumulación é perigosa.

Co paso do tempo os tres compostos vanse acumulando nas augas e, como todo en exceso, pode ser mortal para os peixes ao tempo que favorece a aparición de algas que a súa vez é malo para as plantas.

Mundo Koi: Ciclo de nitrógeno en estanques de peces Koi

Para manter saudable o acuario e garantir a saude dos seus habitantes os niveis de, por exemplo, os nitritos deben de ser os máis baixos posibles na escala de medición.

Explicareino en clase.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario