lunes, 30 de enero de 2023

Actividade 26: Os virus 2, o covid.

 Os coroavirus son un grupo de virus ao cal pertence o COVID. 

1. Que é o Covid?, busca unha imaxe e cólgaa no teu blog. 

2. Como se contaxia o Covid? como no podemos protexer do contaxio?

3. Cales son os sintomas da enfermidade? 

4. En todo o mundo aproximadamente cantas persoas han sido infectadas? delas cantas morreron?

lunes, 23 de enero de 2023

Actividade 25: Os virus 1.

En canto aos niveis de organización os virus son un caso moi especial. Os poderíamos situar no nivel molécula pero cando infectan aos seres vivos compórtanse como o nivel célula.

1 - Que son os virus?

2. Como é o corpo dos virus?. Busca unha imaxe con diferentes tipos de virus.   

3.  Como é a forma de vida dos virus?

4. Razoa: Por qué os virus son un caso moi especial?


 

lunes, 16 de enero de 2023

Actividades 21-24: Niveis de organización da materia 3.

Para facer estas actividades tedes que ir a Aula virtúal, buscar a Unidade 4 (A vida e a tecnoloxía), e mirar a presentación chamada Os niveis de organización.

Mirádea con atención pois logo teredes que contestar os 5 cuestionarios que están a continuación da presentación.

viernes, 13 de enero de 2023

O ACUARIO: Os habitantes do acuario.

 O acuario é un ecosistema en miniatura. Que quere dicir isto? Ben, cando cheguedes a entrada 30 do blog da materia traballaredes sobre os ecosistemas, pero de momento para seguir cas prácticas chega có seguinte:

Ata o momento tedes estudado as condicións ambientais que necesita un acuario para funcionar como un ecosistema. Ademais da furna do acuario, necesitamos un substrato (as pedras e o abono do fondo), unha luz axeitada, unha temperatura constante e, por suposto, a auga. Por outra banda estades xa controlando os parámetros da auga: a presencia de nitritos, nitratos e amoníaco, a dureza e o pH.


Agora enpezaredes a estudar os seres vivos que habitan no acuario.

martes, 10 de enero de 2023

Actividade 20: Niveis de organización da materia 2

Seguimos estudando os niveis de organización dun xeito máis detallado.

Na actividade anterior aprendiches que podemos definir dun xeito sinxelo cada nivel a partir do anterior. Pero iso é incompleto, por exemplo, un órgano é  MÁIS un conxunto de tecidos.

Nesta entrada ides a estudar tres propiedades dos niveis de organización:

- Cada nivel de organización engloba aos niveis anteriores. Por exemplo, un elefante ten un sistema respiratorio que consta de órganos como os pulmóns, que a súa vez están compostos de tecidos como o tecido nervioso, que a súa vez o forman células, y así sucesivamente.

1. Cal é a diferenza entre aparato e sistema?

- Cada nivel superior de organización engade propiedades novas que non existían en los niveles previos.

2. Que é a sinerxía? Pon un exemplo.

3. As células teñen formas e tamaños moi diferentes. Por que cres que é así?

- Entre os niveis de organización destaca o da célula

4. Define célula. Por que cres que é tan importante?


lunes, 9 de enero de 2023

Actividade 19: Niveis de organización da materia 1.

 1. Busca unha imaxe dos niveis de organización da materia. Sube a imaxe ao teu blog.

2. Cales son os niveis de organización da materia?

3. Dos anteriores niveis cales só están nos seres vivos?

4. Para definir un nivel podemos utilizar o nivel anterior, por exemplo, un órgano é un conxunto de tecidos. Como definirías un tecido?