viernes, 13 de enero de 2023

O ACUARIO: Os habitantes do acuario.

 O acuario é un ecosistema en miniatura. Que quere dicir isto? Ben, cando cheguedes a entrada 30 do blog da materia traballaredes sobre os ecosistemas, pero de momento para seguir cas prácticas chega có seguinte:

Ata o momento tedes estudado as condicións ambientais que necesita un acuario para funcionar como un ecosistema. Ademais da furna do acuario, necesitamos un substrato (as pedras e o abono do fondo), unha luz axeitada, unha temperatura constante e, por suposto, a auga. Por outra banda estades xa controlando os parámetros da auga: a presencia de nitritos, nitratos e amoníaco, a dureza e o pH.


Agora enpezaredes a estudar os seres vivos que habitan no acuario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario