viernes, 31 de marzo de 2023

Actividade 37: Un exemplo de molécula, a auga.

Ata fai pouco se pensaba ca Terra era o único lugar do sistema solar onde había auga en gran cantidade e nos tres estados posibles. Recentemente descubrimos que non ...

Ides a profundizar sobre esta molécula considerada pola súa importancia a "base da vida" a auga.

1. Na presentación da aula virtúal tes representada a molécula de auga. Busca en internet canta auga pode formar parte do noso corpo (expresado en porcentaxes)

2. Indica tres propiedades da auga que permiten que haxa vida no planeta Terra.

3. Razoa: A pesar de vivir nun planeta con moita auga, hai pouca auga dispoñible para os humanos. Por qué?

martes, 21 de marzo de 2023

Actividades 33-36: A materia.

Comenzamos un novo bloque de contidos. Imos a estudar que é a materia e os seus compoñentes dun xeito sinxelo.

Na aula virtúal tedes as novas actividades. Coma sempre as debedes de contestar en papel para logo correxilas e a partir delas faremos o exame correspondente.

Estudaremos que é a materia, cales son os seus compoñentes, os seus estados e as súas propiedades. 


viernes, 17 de marzo de 2023

ACUARIO: TEMOS QUE LIMPAR.

 


O acuario leva xa tres meses funcionando e, aínda que cada semana comprobamos os parámetros da auga e limpamos filtro e cristais, a materia orgánica que producen os seres vivos como consecuencia do seu metabolismo (ou sustancias de refugallo) vanse acumulando, o que require unha limpeza maior.

 A cantidade de substancias de refugallo que se acumulan no acuario depende de, entre outras cousas, da cantidade de peixes e plantas que teña o acuario, do volume de auga e da súa renovación, da sobrealimentación e da acumulación de restos de plantas e animais.

Para evitalo a partir de agora dentro do manteñemento do acuario incluiremos o sifonamento do fondo

jueves, 9 de marzo de 2023

IMPORTANTE: Como se vos vai a avaliar.

 

A finais de marzo é a vosa avaliación. A nota que levedes sera do seguinte xeito:

- Exames: a media das notas acadadas nos exames de Niveis de organización e da Célula. Para preparalos hai que ter os cuestionatio feitos e correxidos. Vale o 55% ou 5,5 puntos.

- Blog da materia: Nesta avaliación entran as actividades dende a 19 ata a 32. Vale o 40% ou 4 puntos.Correxiranse en dúas partes para ver como ides traballando. Logo da primeira corrección comentareivos os resultados e poñerei unha primeira nota. O derradeiro día para rematalas é o venres 17 de marzo.

- Acuario: As medidas e tarefas que facedes os venres. Vale 5% ou 0,5 puntos.


martes, 7 de marzo de 2023

Actividades 31-32: Clasificación dos seres vivos.

 Unha vez que estudamos nas entradas anteriores como é unha célula e cales son as súas funcións, e como son os virus imos nesta entrada a clasificar os seres vivos

En función de se teñen células ou non e de como sexan esas células podemos facer catro grupos de seres vivos:

- Seres non formados por células.

- Seres formados por unha soa célula de tipo procariota.

- Seres formados por unha soa célula de tipo eucariota. 

- Seres formados máis dunha célula. 

A actividade consiste en:

1. Poñer tres exemplos de seres vivos de cada tipo.

2. Indica algunhas características das bacterias.

3. Porque son importantes os cloroplastos?

4. Indica 2 exemplos de células animais explicando cal é a súa especialización.