Mostrando entradas con la etiqueta método científico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta método científico. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de octubre de 2022

Actividade 5: Algúns científicos (Arquímedes)

 Dentro desta primeira unidade do curso chamada A Ciencia e os Científicos imos ver a vida e os descubrementos dalgún deles e empezamos por un que, sen dúbida, vos sona, o grego Arquímedes.

Tedes que facer o seguinte:

1. Na páxina Recursos deste blog lede o texto.

2. Se algo non entendedes preguntade.

3. Facer os exercicios.

4. Coma sempre os corriximos e os pasades ao voso blog.

viernes, 23 de septiembre de 2022

Infografía sobre o Método científico

 Sabédes o que é unha infografía? O longo do curso aprenderemos como crealas e cal é a súa utilidade.
De momento, fixadevos nela e ide aprendendo as etapas do Método científico.



martes, 20 de septiembre de 2022

Actividade 4: O método científico

Nesta actividade imos a aprender que é o Método científico

Teredes que facer o seguinte: 
1. Ler con atención a fotocopia que vos entreguei do método científico. Se algo non se entende preguntade. 
2. Facer os exercicios propostos nas fotocopias. Logo os correxiremos en clase.
3. Unha vez correxidos os exercicios creade unha nova entrada no voso blog e poñede como título "Actividade 4: O método científico"
4. Copiade as preguntas e as respostas corrixidas a esta nova entrada do voso blog.

Facédeo con cuidado pois o blog será como o voso libro de texto e a vosa libreta de exercicios e polo tanto puntuará dobremente: polos exercicios ben feitos e porque destes exercicios saíran as preguntas do exame.