Mostrando entradas con la etiqueta tarefas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tarefas. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de octubre de 2022

Actividade 5: Algúns científicos (Arquímedes)

 Dentro desta primeira unidade do curso chamada A Ciencia e os Científicos imos ver a vida e os descubrementos dalgún deles e empezamos por un que, sen dúbida, vos sona, o grego Arquímedes.

Tedes que facer o seguinte:

1. Na páxina Recursos deste blog lede o texto.

2. Se algo non entendedes preguntade.

3. Facer os exercicios.

4. Coma sempre os corriximos e os pasades ao voso blog.

miércoles, 30 de septiembre de 2020

Actividade 2: Permitídeme acceder ao voso blogue e como se vos va a avaliar na materia.

 Na páxina Os vosos proxectos deste blog tedes instrucións para que, dende esa páxina, eu poda enlazar cos vosos blogs. Vos tamén podedes consultar o que están facendo @s compañeir@s ... pero NADA de copiar ... para iso sodes compañeir@s 😀

Aproveito esta entrada na que non tedes moito traballo 😀para lembrarvos ca vosa avaliación total xurde de tres valoracións parciais: 

- As tarefas obrigatorias como a do Método Científico ou a do Laboratorio, feitas no voso blog ou en papel, seguindo as instrucións. 

- O deseño do blog, ten que ter un aspecto agradable e ordeado. Podedes incluir outras entradas de xeito libre sempre que estén relacionadas, dalgún xeito, cos contidos da materia.

- Os exames escritos de cada unidade. Serán exames fáciles pero, polo que poda ser, procurade sacar nota nos apartados anteriores.

- Tamén vou a valorar os hábitos de traballo, por exemplo, facedes as tarefas no prazo establecido? traedes o material? ...

- E, para rematar, pero moi importante a correcta realización das prácticas de laboratorio.

domingo, 27 de septiembre de 2020

Actividade 1: Crear o voso blogue.

Como xa vos comentei, neste curso ides a utilizar un blog ou blogue coma se fora a vosa libreta da materia. Tentaremos utilizar menos papel facendo as tarefas de xeito dixital. 

Para crear o voso blogue necesitades: 
- Ter un correo gmail. 
- Cubrir algúns datos persoais e crear unha clave para acceder ao blogue. 
- Darlle un nome. 
- Logo anotar nun sitio seguro e onde o poidades consultar tanto a dirección do voso blogue ¡tede cuidado en copiala ben¡ como a clave de acceso. 

O faremos na clase todos xuntos. 
 Saúdos.