martes, 1 de noviembre de 2022

Unidade 2: O LABORATORIO - Actividade 11

 

Empezamos a segunda unidade do curso, O LABORATORIO. 

A faremos de xeito práctico na clase do venres no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía.

A continuación tedes unha infografía relativa aos perigos dun mal uso do laboratorio.

 1. Le con atención na imaxe seguinte, logo no teu blog fai dous grupos segunda súa perigosidade (alta e baixa), e describe brevemente cada un de xeito que o podas estudar cara ao exame.

2. Cando estiveches en cursos anteriores nun laboratorio cumplíronse estas normas? Se fixo algunha actividade considerada de risco? Cal?

3. Nunha situación coma a do COVID que outras normas para evitar riscos terías que cumprir?

viernes, 28 de octubre de 2022

Actividade 10: Acceder a aula virtúal da materia.

 Imos a empezar a empregar a aula virtúal da materia. 

De momento só temos traballado co blog. Este ten moitas vantaxes a hora de facer actividades curtas e dinámicas pero non vale, por exemplo, para ver presentacións ou actividades para avaliar.

Tedes que ir a aula virtúal, localizar o crebacabezas da unidade 1 e facelo.

lunes, 24 de octubre de 2022

Actividade 9: O número 0

Completamos a información da entrada anteriorDeixamos de momento .
No seguínte enlace O número 0 tedes a historia (e algunhas curiosidades) deste número  singular.
Unha vez lido contestade directamente no voso blog (non o imos a correxir antes como nas anteriores tarefas)

1. Que é o 0 posicional? 
2. Cales foron as primeiras civilizacions en empregalo? como chegou a Europa?
3. Pensás que o 0 foi imprescindible para facer operacións complexas? Pon un exemplo.
4. Agora una pregunta de pensar e entender. Podemos dividir un número entre 0?, e 0 entre 0?
5. O número 0 é par ou impar? Matemáticamente como sabemos se un número e impar?

miércoles, 19 de octubre de 2022

Actividade 8: A historia do número 1

 Os tres científicos que acabamos de estudar empregaban, fundamentalmente, as matemáticas. Como sabedes a base das matemáticas é o emprego dos números.

Imos a ver en clase o documental da Historia do número 1 (e doutros números) ao longo da historia. Como no caso do número 0 non se vai a correxir previamente.

Mirade o seguinte video e utilizade auriculares ou cascos para non molestar na clase. Os vai levar toda a clase, cando cheguedes ao minuto 45 parade.

 

Facede as seguinte preguntas, logo as corriximos e as pasades ao blog:

1 - Cales son as evidencias máis antigas de que os humanos sabían contar?

2 - En que civilización ou civilizacións aparecen as primeiras probas de operacións aritméticas? Cales son?

3 - Que mátemáticos da antiga Grecia aparecen no documental? e romanos?

4 - A que número actúal corresponde o seguinte número romano: MCMXXVII.

5 - Onde, según o documental foi descuberto o número 0? é esto certo?

6 - Hoxe en día en todo o mundo se emprega a numeración decimal baseada no 0,      1, 2... como chegou a Europa?, en que século? a que numeración substituíu? 

7- De onde proceden e que significan as seguintes palabras: diezmar, bancarrota




martes, 18 de octubre de 2022

Os ángulos.

 Na derradeira clase adicada a Pitágoras comprobei que non vos lembrábades dos ángulos máis característicos que aparecen nas figuras planas. 

Hai van dúas imaxes que debedes de engadir ao material para preparar o exame.


O teorema da suma dos ángulos internos dun triángulo di que a suma dos tres ángulos é igual a 180º.





lunes, 17 de octubre de 2022

Actividade 7: Algúns científicos (Pitágoras)

 Seguimos ca serie dalgúns dos máis importantes científicos da historia. Agora con Pitágoras.

Coma sempre tedes a información e as preguntas na sección Recursos.