viernes, 12 de mayo de 2023

Actividade 42: A teoría cinética da materia.

 Na presentación que está na aula virtúal sobre A materia un dos apartados máis importantes é o da Teoría cinética da materia que nos permite explicar os cambios de estado da materia dende un punto de vista dos átomos. Nesta entrada ides a repasala.

1- Como explica a teoría o estado líquido.

2 - Que lle pasa a unha barra de ferro cando se somete a altas temperaturas de acordo con dita teoría..

3 - Por que nunha bombona de butano (que é un gas) ao movela sona como si tivera líquido no seu interior. 

lunes, 8 de mayo de 2023

PRÁCTICA: O VOLUME DE AUGA (segunda parte)

Hai uns días publiquei unha entrada onde vos explicaba a importancia de ter un número axeitado de peixes para o tamaño do noso acuario. Hoxe imos a facer un cálculo aproximado disto.

Tedes que facer o seguinte:

1. Calcular o volume aproximado de auga que contén o acuario (en litros). Para lembrar como se facía consultade o cálculo de volumes e de capacidades explicado no primeiro trimestre.

2. Calcular a superficie que ocupan  o conxunto de peixes do acuario (en centímetros cadrados). Lembrade que facemos un cálculo aproximado, por iso calculamos a superficie cando realmente teríamos que calcular o volume que ocupan o conxunto de peixes ... pero esto sería máis complicado.

3. Facede unha regra de tres cos datos anteriores tendo en conta que por cada centímetro cadrado de peixe debería de ter como mínimo un litro de auga.

4. Creade unha entrada no voso blog co título O VOLUME DE AUGA onde poñedes:

-  volume aproximado de auga: ____________ litros.

- superficie que ocupan  o conxunto de peixes: ____________ centímetros cadrados.

- para os peces que hai no acuario cal sería o número mínimo de litros necesario: ____________ litros.

- conclusión: ______________________________________________________________________

jueves, 27 de abril de 2023

Actividade 41: O plasma.

 Como estamos a estudar neste tema a materia, na Terra, preséntase fundamentalmente en tres estados: sólido. líquido e gasoso. Dentro deles hai estados intermedios, por exemplo un sólido pode ser ríxido ou plástico.

Pero no Universo o estado máis común da materia e o chamado plasma. Como é este estado? en donde se atopa fundamentalmente?

martes, 25 de abril de 2023

Actividade 40: O sistema periódico (segunda parte)

 1. Escolle tres elementos químicos, dime cales escolleches (pois cada un de vos terá elementos distintos) y de cada un deles indica:

    a- O seu nome e símbolo. Explica de onde procede ese nome.

    b- Cantos protóns, neutróns e electróns o forman?

    c- Indica brevemente algunha característica dese elemento.

jueves, 20 de abril de 2023

ACUARIO: O VOLUME DE AUGA.

 O volume de auga que teña o acuario é fundamental para o seu bo funcionamento. Canto mais grande (ou maior volume) teña o acuario mais peces pode conter e, en principio, menos mantemento necesita. 

E como sei cantos peixes podo ter? Como unha norma xeral establécese que, dun xeito aproximado por cada centímetro cadrado de peixe necesita ter como mínimo un litro de auga.

Repasa como se calculaban os volumes e as superficies (o dimos na primeira avaliación) xa que terás que facelo na práctica.


lunes, 17 de abril de 2023

Actividade 39: O sistema periódico (primeira parte)

1. Qué é o sistema periódico dos elementos químicos? a que científico se debe a súa creación?

2. Cantos elementos químicos o forman? Están todos presentes na natureza?

3. En función de que característica se nomean os elementos químicos? 

4. Dentro do sistema periódico hai grupos ou familias. Indica tres delas.