martes, 21 de febrero de 2023

Actividades 30: A célula.

 Para facer estas actividades tedes que ir a Aula virtúal, buscar a Unidade 4 (A vida e a tecnoloxía), e mirar a presentación chamada A célula.

Mirádea con atención pois logo teredes que contestar os 1 cuestionario que está a continuación da presentación.

jueves, 16 de febrero de 2023

Actividade 29: Os seres vivos 2.

Seguimos estudando os seres vivos agora centrándonos nas células.

1. Define célula. 

2. Normalmente se dí que tódalas células teñen 3 partes principais. Cales son?

3. Hai moitos tipos de células pero as podemos clasificar en dous grandes grupos, cales? Que características ten cada grupo'.

4. Busca unha imaxe dunha célula procariota cas súas partes e o mesmo dunha célula eucariota.

jueves, 9 de febrero de 2023

Actividade 28: XA TEMOS O ACUARIO COS PEIXES

O pasado martes chegaron os peixes para o noso acuario 😉 

A partir do venres 10 comenzaredes a coidar dos habitantes do acuario (plantas, peixes ... e bacterias) tal e como xa practicamos anteriormente. Lembrade que estas prácticas suporan ata 1 punto na vosa nota de avaliación.

Agora contestade:

1. Do listado de peixes que tedes que especies están no acuario (3)?

2. Do listado de plantas que tedes que especies están no acuario (3)?

3. O número de peixes que pode conter un acuario dunha forma sostible depende do tamaño dos peixes e do seu número. Busca información de cantos peixes pode ter o noso acuario aproximadamente. Lembra que xa calculamos o seu volume.

4. Xunto ao acuario hai tres pequenos botes. Dous son de comida, mira a súa composición e anotaa nesta entrada.

5. Que contén o terceiro bote? Eu o empregei antes de introducir os peixes, por qué?

lunes, 6 de febrero de 2023

Actividade 27: Os seres vivos 1.

 Continuando có programa da materia agora temos que estudar brevemente aos seres vivos

1. Que 3 características teñen todos os seres vivos?

2. Cales son as biomoléculas (ou moléculas orgánicas) das que están compostos os seres vivos?

3. Todos os seres vivos realizan tres funcións vitais. Define cada unha delas.

4. Desas funcións vitais cales son necesarias para que o individuo sobreviva?

viernes, 3 de febrero de 2023

PROXECTO COMPETENCIAL: o acuario.

 Os venres como parte das prácticas cada un de vos ten que facer o seguinte:

1. O acuario.

- abrir o grifo do lavadeiro e deixar correr a auga.   

- mentres tanto: comprobar que todo vaia ben e tomar as medidas dos parámetros da auga e anotalas na ficha que deixaremos ao lado do acuario. Hai que asinalo.

- cambiar aproximadamente 1/4 da auga. Primeiro o vaciades e logo o enchedes despacio e con coidado.

se é necesario limpar as paredes interiores do acuario ca rasqueta que está detras do acuario.

- darlle de comer. botade moi pouca comida (xa vos explicarei). Como xa se explicou ao falar dos compostos de nitróxeno un exceso de máteria orgánica pode matar ao peixes.

2. Os habitantes do acuario.

Por outra banda os venres o adicaredes a facer as fichas dos habitantes do acuario que vos corresponden. Traballaredes do seguinte xeito:

- procurar a información para contestar, contestar en sucio, NON na ficha.

- cando rematedes o entregades para corrixir. Unha vez feito o pasades con coidado á vosa ficha.

- procurade a imaxe, consultádeme e se está ben a logo engadides á ficha.

 A práctica do acuario é unha parte fundamental da vosa valoración. Sede responsables.

jueves, 2 de febrero de 2023

 

IDES A FACER UN EXAME DOS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DA MATERIA. Para preparalo tedes que.

- estudar as entradas do voso blog dende a actividade 19, 20, 25, e 26.

- estudar os 5 cuestionarios contestados en papel.

o exame será o MARTES 7 de febreiro, o día anterior será clase de dúbidas.