viernes, 3 de febrero de 2023

PROXECTO COMPETENCIAL: o acuario.

 Os venres como parte das prácticas cada un de vos ten que facer o seguinte:

1. O acuario.

- abrir o grifo do lavadeiro e deixar correr a auga.   

- mentres tanto: comprobar que todo vaia ben e tomar as medidas dos parámetros da auga e anotalas na ficha que deixaremos ao lado do acuario. Hai que asinalo.

- cambiar aproximadamente 1/4 da auga. Primeiro o vaciades e logo o enchedes despacio e con coidado.

se é necesario limpar as paredes interiores do acuario ca rasqueta que está detras do acuario.

- darlle de comer. botade moi pouca comida (xa vos explicarei). Como xa se explicou ao falar dos compostos de nitróxeno un exceso de máteria orgánica pode matar ao peixes.

2. Os habitantes do acuario.

Por outra banda os venres o adicaredes a facer as fichas dos habitantes do acuario que vos corresponden. Traballaredes do seguinte xeito:

- procurar a información para contestar, contestar en sucio, NON na ficha.

- cando rematedes o entregades para corrixir. Unha vez feito o pasades con coidado á vosa ficha.

- procurade a imaxe, consultádeme e se está ben a logo engadides á ficha.

 A práctica do acuario é unha parte fundamental da vosa valoración. Sede responsables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario