O pasado martes chegaron os peixes para o noso acuario 😉
A partir do venres 10 comenzaredes a coidar dos habitantes do acuario (plantas, peixes ... e bacterias) tal e como xa practicamos anteriormente. Lembrade que estas prácticas suporan ata 1 punto na vosa nota de avaliación.
Agora contestade:
1. Do listado de peixes que tedes que especies están no acuario (3)?
2. Do listado de plantas que tedes que especies están no acuario (3)?
3. O número de peixes que pode conter un acuario dunha forma sostible depende do tamaño dos peixes e do seu número. Busca información de cantos peixes pode ter o noso acuario aproximadamente. Lembra que xa calculamos o seu volume.
4. Xunto ao acuario hai tres pequenos botes. Dous son de comida, mira a súa composición e anotaa nesta entrada.
5. Que contén o terceiro bote? Eu o empregei antes de introducir os peixes, por qué?
No hay comentarios:
Publicar un comentario