lunes, 29 de mayo de 2023

Actividade 46: Ciclos de cociña e de sanidade.

1 - Define: emulsión, xelificante.

2 - Busca en internet. Cal é a diferencia entre un medicamento, principio activo e excipiente?

3 - Define as seguintes técnicas de diagnose: radioterapia, endoscopia, TAC

4 - Define: prótese, transplante. 

domingo, 28 de mayo de 2023

Actividade 45: O ciclo alimentario (segunda parte)

1. Define: deshidratación, liofilización.

2. Moitas das técnicas para conservar os alimentos que xa foron empregadas dende a a prehistoria se seguen utilizando. Contesta: 

    a) Logo da matanza do porco hai que conservar a carne. Qué metodo se emprega para consevar o xamón     e cal para facer os chourizos?

    b) Algúns productos da horta se conservan en tarros con vinagre mentres ca outros (como os melocotóns)     se conservan en trarros con almibar. Por qué? 

3. Que son os aditivos que aparecen nads etiquetas da maioría dos alimentos. Indica dous exemplos.


miércoles, 24 de mayo de 2023

Actividade 44: O ciclo alimentario.

1. Cales son os métodos de conservación dos alimentos?

2. Que ventaxas e que inconvintes ten a conservación por calor?.

3. Cal á a diferenza entre congelación e ultracongelación?

4. Define: pasteurización, esterilización e método UHT.

lunes, 22 de mayo de 2023

Calendario final de xuño.

 

- a derradeira entrada do blog publicarase o 2 de xuño.

- os vosos blogs péchanse o 9 de xuño. 

- na semana do 12 ao 16 de xuño, se é necesario, faremos recuperacións de exames e de blogs.

viernes, 19 de mayo de 2023

Actividade 43: O ciclo agrícola e o ciclo de hixiene.

1. Que diferenzas hai entre un plaguicida e un herbicida? Indica unha vantaxa e un inconvinte do seu emprego.

2. Que son as sementes híbridas?

3. Que son os cultivos hidropónicos? Indica unha vantaxa e un inconvinte do seu emprego.

4. Cal é a diferenza entre desinfección e esterilización?.

lunes, 15 de mayo de 2023

  

Empezamos a sexta e derradeira unidade do curso, AS CIENCIAS APLICADAS. 

Ao comezo do curso e como introdución a esta materia botávamos unha ollada a unha presentación titulada A CIENCIA NA ACTIVIDADE PROFESIONAL. Nela vimos algunhas das saídas profesionais que podedes facer no futuro e que, dalgún xeito, tratamos ao longo do curso. 

Nas seguintes entradas ampliaremos dita información. A presentación está na aula virtúal.

viernes, 12 de mayo de 2023

Actividade 42: A teoría cinética da materia.

 Na presentación que está na aula virtúal sobre A materia un dos apartados máis importantes é o da Teoría cinética da materia que nos permite explicar os cambios de estado da materia dende un punto de vista dos átomos. Nesta entrada ides a repasala.

1- Como explica a teoría o estado líquido.

2 - Que lle pasa a unha barra de ferro cando se somete a altas temperaturas de acordo con dita teoría..

3 - Por que nunha bombona de butano (que é un gas) ao movela sona como si tivera líquido no seu interior. 

lunes, 8 de mayo de 2023

PRÁCTICA: O VOLUME DE AUGA (segunda parte)

Hai uns días publiquei unha entrada onde vos explicaba a importancia de ter un número axeitado de peixes para o tamaño do noso acuario. Hoxe imos a facer un cálculo aproximado disto.

Tedes que facer o seguinte:

1. Calcular o volume aproximado de auga que contén o acuario (en litros). Para lembrar como se facía consultade o cálculo de volumes e de capacidades explicado no primeiro trimestre.

2. Calcular a superficie que ocupan  o conxunto de peixes do acuario (en centímetros cadrados). Lembrade que facemos un cálculo aproximado, por iso calculamos a superficie cando realmente teríamos que calcular o volume que ocupan o conxunto de peixes ... pero esto sería máis complicado.

3. Facede unha regra de tres cos datos anteriores tendo en conta que por cada centímetro cadrado de peixe debería de ter como mínimo un litro de auga.

4. Creade unha entrada no voso blog co título O VOLUME DE AUGA onde poñedes:

-  volume aproximado de auga: ____________ litros.

- superficie que ocupan  o conxunto de peixes: ____________ centímetros cadrados.

- para os peces que hai no acuario cal sería o número mínimo de litros necesario: ____________ litros.

- conclusión: ______________________________________________________________________