Hai uns días publiquei unha entrada onde vos explicaba a importancia de ter un número axeitado de peixes para o tamaño do noso acuario. Hoxe imos a facer un cálculo aproximado disto.
Tedes que facer o seguinte:
1. Calcular o volume aproximado de auga que contén o acuario (en litros). Para lembrar como se facía consultade o cálculo de volumes e de capacidades explicado no primeiro trimestre.
2. Calcular a superficie que ocupan o conxunto de peixes do acuario (en centímetros cadrados). Lembrade que facemos un cálculo aproximado, por iso calculamos a superficie cando realmente teríamos que calcular o volume que ocupan o conxunto de peixes ... pero esto sería máis complicado.
3. Facede unha regra de tres cos datos anteriores tendo en conta que por cada centímetro cadrado de peixe debería de ter como mínimo un litro de auga.
4. Creade unha entrada no voso blog co título O VOLUME DE AUGA onde poñedes:
- volume aproximado de auga: ____________ litros.
- superficie que ocupan o conxunto de peixes: ____________ centímetros cadrados.
- para os peces que hai no acuario cal sería o número mínimo de litros necesario: ____________ litros.
- conclusión: ______________________________________________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario