1 - Define: emulsión, xelificante.
2 - Busca en internet. Cal é a diferencia entre un medicamento, principio activo e excipiente?
3 - Define as seguintes técnicas de diagnose: radioterapia, endoscopia, TAC
4 - Define: prótese, transplante.
1 - Define: emulsión, xelificante.
2 - Busca en internet. Cal é a diferencia entre un medicamento, principio activo e excipiente?
3 - Define as seguintes técnicas de diagnose: radioterapia, endoscopia, TAC
4 - Define: prótese, transplante.
1. Define: deshidratación, liofilización.
2. Moitas das técnicas para conservar os alimentos que xa foron empregadas dende a a prehistoria se seguen utilizando. Contesta:
a) Logo da matanza do porco hai que conservar a carne. Qué metodo se emprega para consevar o xamón e cal para facer os chourizos?
b) Algúns productos da horta se conservan en tarros con vinagre mentres ca outros (como os melocotóns) se conservan en trarros con almibar. Por qué?
3. Que son os aditivos que aparecen nads etiquetas da maioría dos alimentos. Indica dous exemplos.
1. Cales son os métodos de conservación dos alimentos?
2. Que ventaxas e que inconvintes ten a conservación por calor?.
3. Cal á a diferenza entre congelación e ultracongelación?
4. Define: pasteurización, esterilización e método UHT.
- a derradeira entrada do blog publicarase o 2 de xuño.
- os vosos blogs péchanse o 9 de xuño.
- na semana do 12 ao 16 de xuño, se é necesario, faremos recuperacións de exames e de blogs.
1. Que diferenzas hai entre un plaguicida e un herbicida? Indica unha vantaxa e un inconvinte do seu emprego.
2. Que son as sementes híbridas?
3. Que son os cultivos hidropónicos? Indica unha vantaxa e un inconvinte do seu emprego.
4. Cal é a diferenza entre desinfección e esterilización?.
Empezamos a sexta e derradeira unidade do curso, AS CIENCIAS APLICADAS.
Ao comezo do curso e como introdución a esta materia botávamos unha ollada a unha presentación titulada A CIENCIA NA ACTIVIDADE PROFESIONAL. Nela vimos algunhas das saídas profesionais que podedes facer no futuro e que, dalgún xeito, tratamos ao longo do curso.
Nas seguintes entradas ampliaremos dita información. A presentación está na aula virtúal.
Na presentación que está na aula virtúal sobre A materia un dos apartados máis importantes é o da Teoría cinética da materia que nos permite explicar os cambios de estado da materia dende un punto de vista dos átomos. Nesta entrada ides a repasala.
1- Como explica a teoría o estado líquido.
2 - Que lle pasa a unha barra de ferro cando se somete a altas temperaturas de acordo con dita teoría..
3 - Por que nunha bombona de butano (que é un gas) ao movela sona como si tivera líquido no seu interior.
Hai uns días publiquei unha entrada onde vos explicaba a importancia de ter un número axeitado de peixes para o tamaño do noso acuario. Hoxe imos a facer un cálculo aproximado disto.
Tedes que facer o seguinte:
1. Calcular o volume aproximado de auga que contén o acuario (en litros). Para lembrar como se facía consultade o cálculo de volumes e de capacidades explicado no primeiro trimestre.
2. Calcular a superficie que ocupan o conxunto de peixes do acuario (en centímetros cadrados). Lembrade que facemos un cálculo aproximado, por iso calculamos a superficie cando realmente teríamos que calcular o volume que ocupan o conxunto de peixes ... pero esto sería máis complicado.
3. Facede unha regra de tres cos datos anteriores tendo en conta que por cada centímetro cadrado de peixe debería de ter como mínimo un litro de auga.
4. Creade unha entrada no voso blog co título O VOLUME DE AUGA onde poñedes:
- volume aproximado de auga: ____________ litros.
- superficie que ocupan o conxunto de peixes: ____________ centímetros cadrados.
- para os peces que hai no acuario cal sería o número mínimo de litros necesario: ____________ litros.
- conclusión: ______________________________________________________________________
Como estamos a estudar neste tema a materia, na Terra, preséntase fundamentalmente en tres estados: sólido. líquido e gasoso. Dentro deles hai estados intermedios, por exemplo un sólido pode ser ríxido ou plástico.
Pero no Universo o estado máis común da materia e o chamado plasma. Como é este estado? en donde se atopa fundamentalmente?
1. Escolle tres elementos químicos, dime cales escolleches (pois cada un de vos terá elementos distintos) y de cada un deles indica:
a- O seu nome e símbolo. Explica de onde procede ese nome.
b- Cantos protóns, neutróns e electróns o forman?
c- Indica brevemente algunha característica dese elemento.
O volume de auga que teña o acuario é fundamental para o seu bo funcionamento. Canto mais grande (ou maior volume) teña o acuario mais peces pode conter e, en principio, menos mantemento necesita.
E como sei cantos peixes podo ter? Como unha norma xeral establécese que, dun xeito aproximado por cada centímetro cadrado de peixe necesita ter como mínimo un litro de auga.
Repasa como se calculaban os volumes e as superficies (o dimos na primeira avaliación) xa que terás que facelo na práctica.
1. Qué é o sistema periódico dos elementos químicos? a que científico se debe a súa creación?
2. Cantos elementos químicos o forman? Están todos presentes na natureza?
3. En función de que característica se nomean os elementos químicos?
4. Dentro do sistema periódico hai grupos ou familias. Indica tres delas.
O ciclo da auga é un proceso natural que ocurre no noso planeta e o seu funcionamento está moi relacionado cos cambios de estado (sólido, líquido e gasoso) que estudamos nesta unidade.
1. Que é o ciclo da auga?
2. Busca unha imaxe que represente o ciclo da auga.
3. Que diferenzas e semellanza hai entre a auga, o xeo e o vapor de auga?
4. Razoa: Por qué a auga dos ríos e doce é a do mar é auga salgada?
Ata fai pouco se pensaba ca Terra era o único lugar do sistema solar onde había auga en gran cantidade e nos tres estados posibles. Recentemente descubrimos que non ...
Ides a profundizar sobre esta molécula considerada pola súa importancia a "base da vida" a auga.
1. Na presentación da aula virtúal tes representada a molécula de auga. Busca en internet canta auga pode formar parte do noso corpo (expresado en porcentaxes)
2. Indica tres propiedades da auga que permiten que haxa vida no planeta Terra.
3. Razoa: A pesar de vivir nun planeta con moita auga, hai pouca auga dispoñible para os humanos. Por qué?
Comenzamos un novo bloque de contidos. Imos a estudar que é a materia e os seus compoñentes dun xeito sinxelo.
Na aula virtúal tedes as novas actividades. Coma sempre as debedes de contestar en papel para logo correxilas e a partir delas faremos o exame correspondente.
Estudaremos que é a materia, cales son os seus compoñentes, os seus estados e as súas propiedades.
A cantidade de substancias de refugallo que se acumulan no acuario depende de, entre outras cousas, da cantidade de peixes e plantas que teña o acuario, do volume de auga e da súa renovación, da sobrealimentación e da acumulación de restos de plantas e animais.
Para evitalo a partir de agora dentro do manteñemento do acuario incluiremos o sifonamento do fondo
Unha vez que estudamos nas entradas anteriores como é unha célula e cales son as súas funcións, e como son os virus imos nesta entrada a clasificar os seres vivos.
En función de se teñen células ou non e de como sexan esas células podemos facer catro grupos de seres vivos:
- Seres non formados por células.
- Seres formados por unha soa célula de tipo procariota.
- Seres formados por unha soa célula de tipo eucariota.
- Seres formados máis dunha célula.
A actividade consiste en:
1. Poñer tres exemplos de seres vivos de cada tipo.
2. Indica algunhas características das bacterias.
3. Porque son importantes os cloroplastos?
4. Indica 2 exemplos de células animais explicando cal é a súa especialización.
Para facer estas actividades tedes que ir a Aula virtúal, buscar a Unidade 4 (A vida e a tecnoloxía), e mirar a presentación chamada A célula.
Mirádea con atención pois logo teredes que contestar os 1 cuestionario que está a continuación da presentación.
Seguimos estudando os seres vivos agora centrándonos nas células.
1. Define célula.
2. Normalmente se dí que tódalas células teñen 3 partes principais. Cales son?
3. Hai moitos tipos de células pero as podemos clasificar en dous grandes grupos, cales? Que características ten cada grupo'.
4. Busca unha imaxe dunha célula procariota cas súas partes e o mesmo dunha célula eucariota.
O pasado martes chegaron os peixes para o noso acuario 😉
A partir do venres 10 comenzaredes a coidar dos habitantes do acuario (plantas, peixes ... e bacterias) tal e como xa practicamos anteriormente. Lembrade que estas prácticas suporan ata 1 punto na vosa nota de avaliación.
Agora contestade:
1. Do listado de peixes que tedes que especies están no acuario (3)?
2. Do listado de plantas que tedes que especies están no acuario (3)?
3. O número de peixes que pode conter un acuario dunha forma sostible depende do tamaño dos peixes e do seu número. Busca información de cantos peixes pode ter o noso acuario aproximadamente. Lembra que xa calculamos o seu volume.
4. Xunto ao acuario hai tres pequenos botes. Dous son de comida, mira a súa composición e anotaa nesta entrada.
5. Que contén o terceiro bote? Eu o empregei antes de introducir os peixes, por qué?
Continuando có programa da materia agora temos que estudar brevemente aos seres vivos.
1. Que 3 características teñen todos os seres vivos?
2. Cales son as biomoléculas (ou moléculas orgánicas) das que están compostos os seres vivos?
3. Todos os seres vivos realizan tres funcións vitais. Define cada unha delas.
4. Desas funcións vitais cales son necesarias para que o individuo sobreviva?
Os venres como parte das prácticas cada un de vos ten que facer o seguinte:
1. O acuario.
- abrir o grifo do lavadeiro e deixar correr a auga.
- mentres tanto: comprobar que todo vaia ben e tomar as medidas dos parámetros da auga e anotalas na ficha que deixaremos ao lado do acuario. Hai que asinalo.
- cambiar aproximadamente 1/4 da auga. Primeiro o vaciades e logo o enchedes despacio e con coidado.
- se é necesario limpar as paredes interiores do acuario ca rasqueta que está detras do acuario.
- darlle de comer. botade moi pouca comida (xa vos explicarei). Como xa se explicou ao falar dos compostos de nitróxeno un exceso de máteria orgánica pode matar ao peixes.
2. Os habitantes do acuario.
Por outra banda os venres o adicaredes a facer as fichas dos habitantes do acuario que vos corresponden. Traballaredes do seguinte xeito:
- procurar a información para contestar, contestar en sucio, NON na ficha.
- cando rematedes o entregades para corrixir. Unha vez feito o pasades con coidado á vosa ficha.
- procurade a imaxe, consultádeme e se está ben a logo engadides á ficha.
A práctica do acuario é unha parte fundamental da vosa valoración. Sede responsables.
IDES A FACER UN EXAME DOS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DA MATERIA. Para preparalo tedes que.
- estudar as entradas do voso blog dende a actividade 19, 20, 25, e 26.
- estudar os 5 cuestionarios contestados en papel.
o exame será o MARTES 7 de febreiro, o día anterior será clase de dúbidas.
Os coroavirus son un grupo de virus ao cal pertence o COVID.
1. Que é o Covid?, busca unha imaxe e cólgaa no teu blog.
2. Como se contaxia o Covid? como no podemos protexer do contaxio?
3. Cales son os sintomas da enfermidade?
4. En todo o mundo aproximadamente cantas persoas han sido infectadas? delas cantas morreron?
En canto aos niveis de organización os virus son un caso moi especial. Os poderíamos situar no nivel molécula pero cando infectan aos seres vivos compórtanse como o nivel célula.
1 - Que son os virus?
2. Como é o corpo dos virus?. Busca unha imaxe con diferentes tipos de virus.
3. Como é a forma de vida dos virus?
4. Razoa: Por qué os virus son un caso moi especial?
Para facer estas actividades tedes que ir a Aula virtúal, buscar a Unidade 4 (A vida e a tecnoloxía), e mirar a presentación chamada Os niveis de organización.
Mirádea con atención pois logo teredes que contestar os 5 cuestionarios que están a continuación da presentación.
O acuario é un ecosistema en miniatura. Que quere dicir isto? Ben, cando cheguedes a entrada 30 do blog da materia traballaredes sobre os ecosistemas, pero de momento para seguir cas prácticas chega có seguinte:
Ata o momento tedes estudado as condicións ambientais que necesita un acuario para funcionar como un ecosistema. Ademais da furna do acuario, necesitamos un substrato (as pedras e o abono do fondo), unha luz axeitada, unha temperatura constante e, por suposto, a auga. Por outra banda estades xa controlando os parámetros da auga: a presencia de nitritos, nitratos e amoníaco, a dureza e o pH.
Seguimos estudando os niveis de organización dun xeito máis detallado.
Na actividade anterior aprendiches que podemos definir dun xeito sinxelo cada nivel a partir do anterior. Pero iso é incompleto, por exemplo, un órgano é MÁIS un conxunto de tecidos.
Nesta entrada ides a estudar tres propiedades dos niveis de organización:
- Cada nivel de organización engloba aos niveis anteriores. Por exemplo, un elefante ten un sistema respiratorio que consta de órganos como os pulmóns, que a súa vez están compostos de tecidos como o tecido nervioso, que a súa vez o forman células, y así sucesivamente.
1. Cal é a diferenza entre aparato e sistema?
- Cada nivel superior de organización engade propiedades novas que non existían en los niveles previos.
2. Que é a sinerxía? Pon un exemplo.
3. As células teñen formas e tamaños moi diferentes. Por que cres que é así?
- Entre os niveis de organización destaca o da célula.
4. Define célula. Por que cres que é tan importante?
1. Busca unha imaxe dos niveis de organización da materia. Sube a imaxe ao teu blog.
2. Cales son os niveis de organización da materia?
3. Dos anteriores niveis cales só están nos seres vivos?
4. Para definir un nivel podemos utilizar o nivel anterior, por exemplo, un órgano é un conxunto de tecidos. Como definirías un tecido?